Conta atrás para a Festa da Filloa 2019
O recinto ferial Manuel Vila López de Muimenta, no municipio de Cospeito, acollerá o martes 1 de maio a XXVIII Festa dá Filloa, unha das sobremesas máis típicas da cociña galega.
Desde primeiras horas da mañá, multitude de persoas encargaranse de preparar as populares filloas, que posteriormente poñeranse á venda para a degustación de todos os asistentes, xunto con churrasco, bebidas, café e queimada, a prezos populares.
A xornada comezará ás 8:00 horas coa apertura do recinto ferial. Ás 8:15 horas entrarán os cans participantes na V Exposición de Cans de Caza e ás 9.00 horas será a quenda da entrada dos expositores de artesanía e produtos galegos de calidade. Ás 9.30 horas realizarán a súa entradas no recinto os filloeiros e ás 10.30 horas os churrasqueiros, que acto seguido comezarán a preparar as parrillas.
Ás 12.30 horas o o grupo de gaitas Fontes de Merlán de Palas de Rei a través do programa Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo. E despois actuará o grupo de pandereteiras, organizado pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio de Muimenta.
Ás 13.30 horas inaugurarase de forma oficial a XXVIII Festa dá Filloa, para pasar despois a lectura do pregón a cargo de Francisco López, copropietario do Restaurante España, ubicado na capital da provincia. Ás 13:50 será a entrega de premios aos gañadores do XX Concurso de Relato e Debuxo - Filloa 2.019, tanto na súa modalidade de debuxo coma de relato.
Ás 14.00 comezarán as visitas aos stands dos filloeiros e filloeiras e á mesma hora os presentes poderán gozar coa actuación de Javier de Guitiriz. Ás 14.15 horas dará inicio a comida popular. Depois actuarán de novo o grupo de gaitas Fontes de Merlán, e será a quenda do xantar no pavillón ubicado dentro do Recinto Feiral Manuel Vila López. Arredor das 15:15 amenizará a festa a charanga BB+ de Santiago de Compostela.
Xa pola tarde, será a demostración de cestería, no Recinto Ferial dentro do programa da Deputación Provincial de Lugo e en colaboración coa Asociación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño por parte de Mercedes Valín López.
Ás 16:15 comezarán as actividades con cans levadas a cabo por Globos Natura, acto seguido será a actuación de Chis da Costa. E ás 17:00 a entrega de premios da V Exposición de Cans de Caza. Po último, ás 17:30 a Charanga BB+ volverá amenizar a festa para que ás 19:30 sexa o acto de clausura.
O domingo día 5 tan so haberá un xantar de agradecemento ao persoal que colaborou na XXVIII Festa da Filloa de Muimenta - Festa de Interese Turístico de Galicia.
As organización estima que este ano se estarán a venda arredor de 17.000 e 18.000 filloas ao longo da xornada, que terán un prezo de 3 euros ración de cinco filloas. Para os que queiran facer o xantar completo, a ración de churrasco, chourizo, criollo, pan, viño, auga, queimada e café terá un prezo de 10 euros por persoa.