Contacontos este martes na biblioteca vilalbesa con Marta Ortiz

TerraChaXa
Trátase dunha actividade dirixida a crianzas de entre 0 e 4 anos, que contará con dúas sesións
contacontos-na-biblio-vilalba
24 Mar 2025

A Biblioteca Municipal acollerá este martes, 25 de marzo, o espectáculo infantil Tralará: contos, obxectos e música, a cargo de Marta Ortiz. Trátase dunha actividade dirixida a crianzas de entre 0 e 4 anos, que contará con dúas sesións programadas para as 16:30 e as 18:00 horas.

Nesta proposta artística, Marta Ortiz combinará narracións, obxectos e música, mesturando historias tradicionais e contemporáneas, cun enfoque que conxuga pasado e presente a través do baile e a imaxinación.

As familias interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través desta ligazón.

⚙ Configurar cookies
0.97299695014954