Contacontos este xoves na biblioteca de Xermade

Dentro do programa Ler Conta Moito, terá lugar este xoves, 17 de outubro, unha sesión de contacontos ilustrado do que é autor Anxo Fariña.
Trátase da peza Dulcinea, a nena cabaleira e esta poderá verse a partir das 18.00 na biblioteca de Xermade.