Contacontos este xoves na Biblioteca de Xermade
TerraChaXa
Inma Soto presenta 'Xela: aventura na fraga'

18 Jun 2025
O xoves 19 ás 18.00 horas, para despedir o curso escolar e despois da entrega de premios dos certames infantís, Inma Soto fará unha contada de Xela: aventura na fraga.
A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Xermade dentro do ciclo Ler Conta Moito. En palabras da súa autora este conto "é unha ferramenta educativa para dar a coñecer e poñer en valor os recursos que existen no noso territorio; identificalos, sentir a natureza como unha oportunidade e facer que as nenas e nenos sintan orgullo do noso patrimonio natural e cultural".