Contacontos para bebés este mércores na biblioteca de Vilalba

TerraChaXa
Poderá verse 'A viaxe de Nano' en dúas sesións, ás 16.30 e ás 18.00 horas
actividade-biblioteca-vilalba
18 Feb 2025

A Biblioteca Municipal de Vilalba acollerá unha nova actividade dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa. Este mércores, 19 de febreiro, a contacontos Raquel Queizás visitará o espazo cun espectáculo especial titulado A viaxe de Nano, pensado para nenos e nenas de 0 a 4 anos.

Para que todos poidan desfrutar desta proposta, haberá dúas sesións, unha ás 16:30 e outra ás 18:00. Ademais, a actividade contará coa presenza de Olliño, a mascota da biblioteca, que acompañará a Raquel na súa actuación.

As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través desta ligazón.

O Concello de Vilalba, a través da Concellería de Educación, reafirma así o seu compromiso coa dinamización cultural e o fomento da lectura entre os máis pequenos.

0.16932392120361