Contacontos para pequenos este sábado na casa museo de Manuel María
TerraChaXa | LugoXa
A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 27 de novembro, unha contada, Contar co vento, para público infantil e familiar.
24 Nov 2021
A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 27 de novembro, ás 17.00 horas, unha contada, Contar co vento, para público infantil (maiores de tres anos) e familiar coa narradora oral María da Pontragha.
María, acompañada do acordeón de Miguelón Paz, contará diversas historias da tradición oral de medo, de risa e bonitas a rachar.
Para asistir, cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.