Continúa en Meira a campaña do comercio Rodas da Sostibilidade

TerraChaXa
A Federación de Comercio de Lugo pon en marcha na vila a campaña promocional As Rodas da Sostibilidade en varias localidades da provincia.
rodas sostibilidade_portada
23 sep 2021

A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional As Rodas da Sostibilidade en varias localidades da provincia.

Así, continúa en Meira, onde todos os clientes que realicen compras entre o 23 de setembro e o 1 de outubro nos establecementos asociados, poden participar desta iniciativa. Cunha compra mínima de 10€ poderán tirar dunha das dúas rodas (unha roda para tiques por valor de entre 10€ e 49,99€ e outra para tiques por valor de 50€ ou máis).

Estas rodas instalaranse o xoves 1 de outubro, entre as 11.00 e as 14.00 horas no centro da vila, sortéandose moitos agasallos sostibles para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.

A campaña Rodas da Sostibilidade, busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, celebrarase en 9 localidades lucenses.

RODAS sostibilidade campana comercio
0.1572060585022