Continúa o cine na rúa en Xermade con 'Valentina'
TerraChaXa
Este venres 16 de agosto, Xermade convertirase nunha sala de cine grazas ao programa Cinenarua coa proxección da película Valentina.
13 sep 2022
Este venres 16 de agosto, Xermade convertirase nunha sala de cine grazas ao programa Cinenarua para que as nenas e nenos gocen da proxección da película de animación Valentina.
Será ás 21.00 horas na praza do Concello e en caso de choiva no local da asociación de mulleres Amuraxe, organizadora da sesión. A entrada é gratuíta ata completar aforo.
Valentina soña con ser trapecista e cre que por ter síndrome de Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra.