Continúa o cine na rúa na Pastoriza con 'Valentina'
TerraChaXa
Este mércores, 24 de agosto, A Pastoriza convertirase nunha sala de cine grazas ao programa Cinenarua coa película de animación Valentina.
22 Ago 2022
Este mércores, 24 de agosto, A Pastoriza convertirase nunha sala de cine grazas ao programa Cinenarua para que as nenas e nenos gocen da proxección da película de animación Valentina.
Será ás 21.00 horas na casa da cultura. A entrada é gratuíta ata completar aforo.
Valentina soña con ser trapecista e cre que por ter síndrome de Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra.