Continúa o domingo ciclo Mestre Mateo en Meira coa proxección de 'Fatum'

TerraChaXa
A proxección terá lugar na casa da cultura, ás 21.30 horas
fatum-mestre-mateo
26 Out 2024

A Asociación cultural M de Meira, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Meira, organiza a proxección da película Fatum, continuando así co Ciclo Mestre Mateo que brindará a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

A proxección terá lugar na casa da cultura de Meira este domingo 27 de outubro, ás 21.30 horas.

SINOPSE

Serxio ten graves problemas co xogo. Tras xurar á súa dona que non volverá caer, recibe un aviso sobre un suposto amaño dun partido de fútbol e, incapaz de cumprir a súa promesa, regresa á casa de apostas coa intención de recuperar todo o diñeiro perdido. O sopro resulta ser certo e por fin a súa sorte mudará pero Alexo, cun pasado salpicado tamén polo xogo, irrompe armado no local.

Pablo, francotirador do GEO, é presionado pola comisaria Costa para prestar servizo no atraco. Pero a cabeza do GEO está noutro sitio, no hospital, onde a vida do seu fillo pende dun fío. O destino fai que Serxio e Pablo se vexan envoltos nun atraco a unha casa de apostas, onde un disparo cambiará as súas vidas para sempre.

0.20967197418213