Continúa o domingo ciclo Mestre Mateo en Meira cunha sesión de curtas

TerraChaXa
Esta terá lugar na casa da cultura, ás 21.30 horas
cinema-en-meira-mestre-mateo
9 Nov 2024

A Asociación cultural M de Meira, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Meira, organiza a proxección de varias curtas e un documental, continuando así co Ciclo Mestre Mateo que brindará a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

A proxección terá lugar na casa da cultura de Meira este domingo 3 de novembro, ás 21.30 horas.

Comezarase co documental Emoción, vida e teatro: A nave das Marías para avanzar ata as curtametraxes. Sucederanse os films Antes de que se poña o sol, O coidado, O neno sardiña, To bird or not to bird e Ulises.

Esta última está producida por Gaitafilmes e participan ademais tanto na edición, coma na arte e vestiario meiregas e meiregos.

0.1956160068512