Continúa o domingo o Mestre Mateo organizado polo Iescha no auditorio de Vilalba

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, Coa Área de Cultura - Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental Onde máis doe, de Manane Rodríguez, continuando así coa programación do Ciclo Mestre Mateo, que durante o ano 2023 brinda a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI Premios Mestre Mateo.
ciclo cine mestre mateo portada
16 Out 2023

Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 22 de outubro, ás 20:00 horas.

Depois de ameazar durante anos á súa ex parella, MM asesina a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Que move a unha persoa en pleno uso das súas facultades a matar a un fillo? Por que o feito de que unha muller non se someta e intente actuar pola súa cuenta pode alentar un castigo tan brutal?

ciclo cine mestre mateo
0.17925000190735