Continúa o Ludiverán no Valadouro ata o 6 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Aug 2019

O Concello de O Valadouro continúa desenvolvendo o programa infantil Ludiverán, que se que comezou o 15 de xullo e rematará o 6 de setembro. Están participando aproximadamente 150 nenos de hasta sexto curso de Primaria fundamentalmente e iso tendo en conta que só no colexio valadourense pode haber da orde de 80 cativos. As actividades tamén están pensadas para axudar a conciliación no seo das familias durante o período estival.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 2007 e 2015. Teñen lugar no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro e tamén no parque, en horario de 10:00 a 13:00.

Hai obradoiros, manualidades, xogos, excursións, cine e cociña.

As inscricións realizáronse nas oficinas da Casa da Cultura, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h. O número era prazas limitado.

 

 

0.15988302230835