Continúan as proxeccións do ciclo Mestre Mateo en Vilalba coa película 'Fatum'

TerraChaXa
Terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 10 de outubro de 2024, ás 20:00 horas
fatum-mestre-mateo
7 Out 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película Fatum, de Juan Galiñanes, continuando co Ciclo Mestre Mateo, que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindará a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 10 de outubro de 2024, ás 20:00 horas.

SINOPSE

Serxio ten graves problemas co xogo. Tras xurar á súa dona que non volverá caer, recibe un aviso sobre un suposto amaño dun partido de fútbol e, incapaz de cumprir a súa promesa, regresa á casa de apostas coa intención de recuperar todo o diñeiro perdido. O sopro resulta ser
certo e por fin a súa sorte mudará… Pero Alexo cun pasado salpicado tamén polo xogo irrompe armado no local.

Pablo, francotirador do GEO, é presionado pola comisaria Costa para prestar servizo no atraco. Pero a cabeza do GEO está noutro sitio, no hospital, onde a vida do seu fillo pende dun hilo. O destino fai que Serxio e Pablo se vexan envoltos nun atraco a unha casa de apostas, onde un
disparo cambiará as súas vidas para sempre.

0.20870995521545