Continúan a bo ritmo as obras no cemiterio dos Alimpadoiro das Pontes
As obras de mellora da accesiblidade e humanización da contorna do cemiterio dos Alimpadoiros, financiadas pola Deputación da Coruña e cun orzamento de 122.465 euros, destinadas a facilitar a mobilidade na zona e a mellorar o acceso principal á instalación de titularidade municipal, avanzan a bo ritmo.
Entre os traballos, iniciados no mes de outubro e que están sendo executados pola empresa Huso 29 Estudios y Construcciones S.l ocupa un lugar prioritario a mellora da accesibilidade coa eliminación dos desniveis existentes na fachada principal mediante a construción dun conxunto de ramplas.
O desnivel na parte inferior xa foi eliminado coa creación de dúas ramplas simétricas, en formas de L, deixando dous tramos de escaleiras central. A escalinata curva será substituída por unha escaleira central e por dous conxunto de ramplas laterais, xa en construción, que seguirán o trazado da escaleira orixinal.
Ambas ramplas están a executarse con muros de formigón, deseñados para actual como elementos de protección. Así mesmo, o o proxecto contempla a instalación de varandas de aceiro inoxidable para garantir a seguridade na zona de tránsito peonil.
Entre os traballos postos xa en marcha está a reparación do firme da calzada. Con tal motivo, procedeuse ao fresado do viario e a aglomerado da contorna das ramplas e a continuación executarase, con formigón impreso, o acceso central ao cemiterio.