Continúan as obras para o aparcadoiro na Travesía Casas Novas de Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo continúan coas obras de acondicionamento de parcelas para aparcadoiro na Travesía Casas Novas ao carón da Igrexa Nova que comezaron o 19 de maio.
presentacion festival itaca
4 Jun 2020

O Concello de Mondoñedo continúan coas obras de acondicionamento de parcelas para aparcadoiro na Travesía Casas Novas ao carón da Igrexa Nova que comezaron o 19 de maio.

Estas obras proxectadas e promovida polo Ministerio de Fomento supoñen o acondicionamento de tres parcelas de .976,33 metros cadrados e aos que destinará un orzamento de 131.174,47 euros.

Por ese motivo, quedaron inutilizados eses espazos durante toda a execución das mesmas. Dende o Concello lembran que exiten outros aparcadoiros, o de Alcántara, diante dos xulgados, o subterráneo na rúa Camiño do Sabelo, na alameda dos Remedios, rúa Bispo Sarmiento, rúa Febrero, rúa Vilalba, Praza do Seminario, rúa da Fonte, rúa Marina Mayoral, avenida As San Lucas, avenida Bos Aires, rúa Julia Pardo, Campo dos Paxariños e o espazo habilitado en travesía Carlos Folgueira.

Tamén e pensando nas persoas con mobilidade reducida, poderase estacionar nun tempo limitado de 20 minutos para que os veciños podan facer as xestións máis urxentes nas seguintes rúas: Progreso, Alfonso VII e Concepción.

O Concello informou de que o novo aparcadoiro terá 100 prazas e estará en cinco meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.055922985076904