Continúan as reunións informativas nas parroquias de Vilalba sobre a recollida de lixo

TerraChaXa
Entre os temas a tratar nas reunións inclúense a optimización da frecuencia de recollida do lixo, a renovación dos colectores existentes e a instalación de novas illas de reciclaxe
reunion-recollida-de-lixo-parroquias-vilalba
9 Feb 2025

A próxima semana proseguirán as reunións informativas organizadas polo Concello de Vilalba nas parroquias do municipio co obxectivo de informar á veciñanza e coordinar as melloras relacionadas co novo contrato de xestión do lixo. Estas sesións buscan resolver dúbidas, recoller suxestións e abordar aspectos fundamentais para garantir un mellor servizo.

Entre os temas a tratar nas reunións inclúense a optimización da frecuencia de recollida do lixo, a renovación dos colectores existentes e a instalación de novas illas de reciclaxe. Ademais, prestarase especial atención ás incidencias actuais que os veciños e veciñas poidan estar a experimentar, co compromiso de buscar solucións eficaces que melloren o día a día da comunidade.

O calendario de encontros para a próxima semana comezará o luns 10 de febreiro, con reunións programadas en Belesar ás 20:00 horas e en Soexo ás 21:00 horas. O martes 11 de febreiro será a quenda de Vilapedre ás 20:00 horas e San Simón ás 21:00 horas. Finalmente, o venres 14 de febreiro celebraranse as reunións en Torre ás 20:00 horas e en Alba ás 21:00 horas.

0.16301512718201