Continúan baixando os casos de covid na provincia
A provincia rexistrou nas últimas 24 horas 1.885 casos activos de coronavirus, 17 menos que na xornada anterior. Dato ao que se chega tras detectarse 48 novos contaxios (onte foron 37) e 68 altas, o que fan que o total de persoas que superaron a enfermidade sexa de 4.872.
Por outra banda, houbo que lamentar unha nova vítima mortal, polo que xa son 119 os falecidos na provincia dende que se iniciou a pandemia no mes de marzo. A muller falecida era residente do centro DomusVi de Monforte.
Respecto á presión hospitalaria, hai cinco persoas menos ingresadas, unha delas na UCI, na que hai 7. Ademais, 20 persoas continúan na planta do Hula, 6 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (dous menos).
A situación continúa estable en Vilalba, onde os casos activos continúan estables malia o gromo detectado na residencia. Tampouco repercitiu polo momento a situaicón do centro de maiores na presión hospitalaria da provincia.
Agás en Vilalba, a incidencia da Terra Chá é moi baixa, os únicos concellos que soben dos 10 casos son Cospeito (con 10) e Castro de Rei (con 14).
Nas Pontes tamén subiu a incidencia con con 45 casos diagnosticados nas últimas horas.
COMITÉ CLÍNICO
Na xornada de onte houbo unha nova reunión do comité clínico que informou que se está a producir unha melloría na situación de Santiago, A Coruña e Ourense que fan prever unha relaxación das medidas en breve. Tamén destacou a evolución favorable de Lugo e Ferrol e tamén, en menor medida, a de Vigo. Agora preocupa a situación en Pontevedra.
Debido á melloría da situación en Monforte, foron levantadas as medidas máis restrictivas polo que se espera que este venres haxa mellores noticias para estas cidades que están a mellorar.
As valoracións do comité indican que a comunidade galega presenta uns datos de incidencia que falan de "estabilidade con certa tendencia descendente".