Continúan en Vilalba as obras de apertura e limpeza de cunetas en Carballido

TerraChaXa
Trátase dunha actuación levada a cabo polo equipo de terra do parque móbil da Deputación de Lugo
obras-caminos-e-cunetas-vilalba-carballido
Visita da alcaldesa ao lugar das obras
8 Xuño 2024

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e os concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, achegáronse onte ata a parroquia de Carballido para comprobar a evolución das actuacións levadas a cabo polo equipo de terra do parque móbil da Deputación de Lugo.

Os traballos céntranse actualmente na apertura e limpeza de cunetas da pista que une o barrio de Riazó co de Condado, dunha lonxitude aproximada de 1.000 metros e cuxa necesidade de acondicionamento foi posta de manifesto pola veciñanza.

A rexedora, Marta Rouco, que contrastou coa veciñanza a necesidade das actuacións, sinalou que "son traballos fundamentais para que as pistas non se deterioren durante o inverno, especialmente nunha parroquia coma esta na que durante a época de choivas é habitual que a auga discorra por riba das estradas".

Ademais, a alcaldesa tamén adiantou que "o equipo de terra está previsto que continúe coas súas actuacións na parroquia de Carballido, procedendo á limpeza e apertura de cunetas doutras pistas próximas á que actualmente se atopa en fase de acondicionamento".

0.16836786270142