Continúan este sábado as presentacións de Lareira de Soños

TerraChaXa
Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG continuarán este sábado a programación de novidades desta tempada.
miniatura lareira
4 Mar 2021

Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG continuarán este sábado a programación de novidades desta tempada nas redes para ofrecer as últimas novidades literarias a través do Facebook destas entidades en directo.

Este sábado presentase Os rostros do frío (Edicións Fervenza) de Xulio Pardo de Neyra.

Continuarán coa novela Abril, de Luz Darriba (Editorial Belagua) terá a súa presentación o 13; Bambán no vento (Fundación  Eomaia) de Hortensia Bautista e do colectivo poético Versos de area de Ponteareas e a artista Aurora Quinteiro, o 20; e Non estamos preparados para medrar (Editora Urutau) da poeta da Costa da Morte Teresa Ríos Noya será a última cita prevista.

A programación seguirá en abril con máis novidades literarias ás que calquera se poderá sumar en directo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica NPG e posteriormente gravado en diferentes espazos das redes sociais e en YouTube.

A cita son, como no resto de actividades, ás 20.00 horas no Facebook do grupo.

O programa #DoTrinque xa programara en anos anteriores a estrea do grupo musical Xardín Desordenado en Guitiriz, o debut do grupo Corredores de sombra en Betanzos ou a presentación do poemario de Emilia Martínez Fuentes Lendas e versos en Vilalba, entre outras. Esta programación deu inicio coa presentación do libro Lareira de soños (Edicións Fervenza), de Pastora Veres, unha das impulsoras do proxecto dos Vilares e da NPG.

presentacion lareira de sonos
0.068205118179321