Continúan este sábado as presentacións de Lareira de Soños
Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG continuarán este sábado a programación de novidades desta tempada nas redes para ofrecer as últimas novidades literarias a través do Facebook destas entidades en directo.
Este sábado, 13 de abril, presentase a novela Abril, de Luz Darriba (Editorial Belagua). Abril leva acadado un grande éxito de crítica e vendas dende a súa publicación a finais de 2020.
A continuación, Bambán no vento (Fundación Eomaia) de Hortensia Bautista e do colectivo poético Versos de area de Ponteareas e a artista Aurora Quinteiro, presentarase o 20; e Non estamos preparados para medrar (Editora Urutau) da poeta da Costa da Morte Teresa Ríos Noya será a última cita prevista.
A programación seguirá en abril con máis novidades literarias ás que calquera se poderá sumar en directo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica NPG e posteriormente gravado en diferentes espazos das redes sociais e en YouTube.
A cita son, como no resto de actividades, ás 20.00 horas no Facebook do grupo.
O programa #DoTrinque xa programara en anos anteriores a estrea do grupo musical Xardín Desordenado en Guitiriz, o debut do grupo Corredores de sombra en Betanzos ou a presentación do poemario de Emilia Martínez Fuentes Lendas e versos en Vilalba, entre outras. Esta programación deu inicio coa presentación do libro Lareira de soños (Edicións Fervenza), de Pastora Veres, unha das impulsoras do proxecto dos Vilares e da NPG.