Continúan este sábado en Reigosa as Noites de Teatro

TerraChaXa
Será a quenda de 'A viaxe do Señor López', da man de Producións Súper López
noites-de-teatro-reigosa
17 Oct 2025

A Asociación de Veciños de Reigosa, grazas ao programa de Circuítos Teatrais da Deputación de Lugo, continúa coas Noites de Teatro, que se reparten en varios días, desde setembro ata decembro, a partir das 21.00 horas.

A primeira delas, chamada A Presa, se celebrou o 13 de setembro abrindo o ciclo e, este sábado, 18 de outubro, será a quenda de A viaxe do Señor López, da man de Producións Súper López.

O 15 de novembro, Lume Escénico deleitará á localidade coa produción Activos e Ubú Teatro será o encargado de pechar esta iniciativa o 20 de decembros co O vixilante de soños.

⚙ Configurar cookies
0.076741933822632