Continúan nas Pontes as actividades do programa Espazo en Familia
O concello das Pontes puxo en marcha no mes de abril o programa Espazo en Familia, dirixido a todas as familias pontesas con fillos e fillas menores de idade escolarizados nos centros educativos da localidade, co obxectivo prioritario de ofrecer aos pais e nais un lugar para compartir as súas inquedanzas sobre a crianza e educación dos seus fillos e fillas e poder abordarlas con éxito.
A programación continuará este luns no soto da Casa Dopeso para falar de altas capacidades coa colaboración da asociación Áurega, entre as 19.00 e as 20.30 horas. Finalmente, o día 30 de maio, tamén luns, reuniranse para debatir sobre necesidades educativas.
Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse na ligazón https://acortar.link/XJq5dM ou no departamento de Benestar Social (2º andar, Casa Dopeso)
Máis info no teléfono 622 155 806 ou no correo espazoenfamilia@gmail.com