Continúan o luns as Aulas Abertas no Cercud de Baamonde
O Cercud de Baamonde continúa co seu programa de Aulas Abertas, un proxecto de dinamización económica cuxa finalidade é favorecer o emprendemento das mulleres no rural e contribuir ó seu empoderamento.
Dentro do programa, inclúense actividades formativas, cunha duración de 4 horas cada unha, que van dende a transformación de produtos agrogandeiros ata o aproveitamento de recursos.
O programa iniciouse o xoves cun curso de reciclaxe de envases, impartido por María Folgueira e seguirá este luns cunha formción de obradoiros de floraría empregando materias de refugallo e plantas silvestres.
O xoves 5 falarán de natureza, artesanía e consciencia no obradoiro de Elaboración de oleatos e xabóns con aceites usados e plantas silvestres, impartidos por Esencia Viva e Muuhlloa.
Comezarán a semana do 16 de outubro con conservas horta e froita e rematarán o luns 13 de novembro con natureza e cosmética.
As prazas dos cursos son limitadas. As persoas que desexen anotarse poden facelo neste enlace.