Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo 2

Presentaron unha nova cita cos bailes mensuais de primeiros de mes, que o Concello celebrará este domingo, 2 de novembro, no Centro Cultural.
“Cremos que este tipo de eventos son fundamentais para dinamizar o noso municipio e para brindarlle ás persoas máis maiores unha oportunidade de socializar, pasar unha tarde divertida e manterse activos”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.
Neta ocasión, o baile estará amenizado polo dúo Estrellas e se desenvolverá tamén desde as 17:00 horas ata as 20:00. Ademais, haberá un novo sorteo gratuíto.