Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo 3

TerraChaXa
A cita, que terá lugar a partir das 17.00 horas, estará amenizada polo dúo Madeira
bailea-vilalba-agosto
2 Aug 2025

Presentaron unha nova cita cos bailes mensuais de primeiros de mes, que o Concello celebrará este domingo, 3 de agosto, no Centro Cultural.

“Cremos que este tipo de eventos son fundamentais para dinamizar o noso municipio e para brindarlle ás persoas máis maiores unha oportunidade de socializar, pasar unha tarde divertida e manterse activos”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.

Neta ocasión, o baile estará amenizado polo dúo Madeira e se desenvolverá tamén desde as 17:00 horas ata as 20:00. Ademais, haberá un novo sorteo gratuíto.

⚙ Configurar cookies
0.18612909317017