Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo 8

TerraChaXa
A cita, que terá lugar a partir das 17.00 horas, estará amenizada polo dúo Marineda
baile-maiores-vilalba
6 Feb 2026

Presentaron unha nova cita cos bailes mensuais de primeiros de mes, que o Concello celebrará este domingo, 9 de febreiro, no Centro Cultural.

“Cremos que este tipo de eventos son fundamentais para dinamizar o noso municipio e para brindarlle ás persoas máis maiores unha oportunidade de socializar, pasar unha tarde divertida e manterse activos”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.

Neta ocasión, o baile estará amenizado polo dúo Marineda e se desenvolverá tamén desde as 17:00 horas ata as 20:00. Ademais, haberá un novo sorteo gratuíto.

⚙ Configurar cookies
0.078763961791992