Contrástanse os primeiros 12 meses do 'Plan Piloto' da praza de Santa María de Vilalba

TerraChaXa
Os comerciantes e hostaleiros puxeron enriba da mesa a necesidade modificar o horario de estacionamiento na praza
Vilalba-aparcamento
9 Ago 2024

O vicealcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda e a edil de comercio, María Xosé Fernández, reuníronse co comercio e a hostalería do Centro Histórico co ánimo de contrastar con eles os primeiros 12 meses do 'Plan Piloto' de Posta en Valor da Praza de Santa María no que se está traballar dende o Concello.

Unha xuntanza na que comerciantes e hostaleiros puxeron enriba da mesa a necesidade modificar o horario de estacionamiento na praza, en aras de incentivar a súa actividade, sen que iso supoña un paso atrás na "concepción peonil" pretendida polo Concello no medio prazo.

Así, a proposta defendida polos negocios era a de ampliar o tempo de aparcamento os sábados e facela coincidir co horario comercial e de comidas ao tempo que os domingos, festivos e os propios sábados a partires das 17.00 horas a Praza sexa peonil, permitíndose como ata o de agora o libre paso de vehículos e o estacionamento na praza reservada para persoas con mobilidade reducida. A resposta do Concello foi afirmativa e será xa dende este sábado cando entre en vigor.

Ao tempo, dende a área de Mobilidade séguese traballando na ampliación dos espazos públicos para o estacionamento, co fin de dar alternativas a comerciantes, hosteleiros e veciños de cara a unha futura peonalización da zona.

0.04074501991272