Controlado polo momento un lume forestal na parroquia do Burgo, en Muras
TerraChaXa
Ás 06:19 horas desta madrugada quedou controlado un lume rexistrado no concello de Muras, parroquia do Burgo, que se iniciou ás 20:35 horas do día anterior.
25 Mar 2019
Ás 06:19 horas desta madrugada quedou controlado un lume rexistrado no concello de Muras, parroquia do Burgo, que se iniciou ás 20:35 horas do día anterior. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 75 hectáreas de monte raso. Lembran que esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio levan traballado 4 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.