Controlarán a biodiversidade de especies no lago das Pontes

TerraChaXa
A Federación de Actividades Subacuáticas realizará esta fin de semana unha actividade de control da biodiversidade de especies no lago pontés.
lago as pontes
8 Apr 2021

A Federación Galega de Actividades Subacuáticas, en colaboración co Concello das Pontes, realizará esta fin de semana unha actividade de control da biodiversidade de especies no lago pontés.

Elena López, responsable da área de Turismo do Concello das Pontes, incide na importancia desta investigación, xa que “para poder coidar e respectar a contorna é necesario coñecer as especies que habitan nela, no só as que están na superficie senón tamén as que no se ven e que nos falan da boa calidade das aguas do lago e da súa riqueza medio ambiental”.

O obxectivo desta actividade, na que participarán mergulladores dos clubs federados, C.A.S Nautulis  e C.A.S NAUGA, é realizar unha serie de fotografías das especies, tanto de flora como de fauna, que habitan no lago das Pontes.

O recoñecemento das especies será levado a cabo por mergulladores da Estación Bioloxía da Graña, da Universidade de Santiago de Compostela, que serán responsables de realizar o control das especies avistadas. Un equipo de Protección Civil das Pontes aportará a embarcación de apoio para dar cobertura a inmersión que se realizará na mañá do sábado.

0.089180946350098