Construirán unha beirarrúa xunto ao pavillón de Castro Ribeiras de Lea
TerraChaXa | LugoXa
O Pleno aprobou unha moción do BNG na que solicitaba beirarrúas todo ao longo do pavillón dos deportes de Castro Ribeiras de Lea.
29 May 2021
O Pleno do Concello de Castro de Rei aprobou unha moción presentada polo BNG na que solicitaba a realización de beirarrúas todo ao longo do pavillón dos deportes de Castro Ribeiras de Lea.
O obxectivo é adicar a parque que linda coa avenida da Terra Chá para facer un aparcadoiro público que lle de servizo tanto aos usuarios do pavillón como aos da gardería.