Convocan aos veciños de Triabá a unha reunión informativa sobre o proceso de concentración parcelaria

LugoXa | TerraChaXa
Esta será o próximo xoves, 12 de decembro, ás 12:00 horas, na Escola de Triabá
mellora-vias-restruturacion-parcelaria-castro-goberno-balmonte2
10 Dec 2024

O Concello de Castro de Rei anuncia unha reunión informativa sobre o proceso de concentración parcelaria da zona de Triabá, dirixida ás persoas propietarias e demais interesadas. A xuntanza terá lugar o próximo xoves, 12 de decembro, ás 12:00 horas, na Escola de Triabá.

Durante a reunión, abordarase o estado actual da zona e as actuacións previstas que se levarán a cabo proximamente no marco deste proceso. Esta é unha oportunidade para resolver dúbidas e coñecer de primeira man os pasos a seguir.

Para máis información, os interesados poden contactar co Servizo de Infraestruturas Agrarias, situado na Ronda da Muralla 70, baixo 1, en Lugo, ou enviar un correo a infraestruturas.agrarias.lugo@xunta.gal.

"Esta convocatoria responde ao compromiso de manter informados os veciños sobre un proceso fundamental para o desenvolvemento do territorio e a optimización dos recursos agrarios locais", explican desde o Concello.

0.16444802284241