Convocada a III Xuntanza en Moncelos para este sábado

TerraChaXa
Para os máis pequenos haberá colchóns inchables de balde
xuntanza-moncelos
15 May 2025

A Asociación Cultural Ponte Vella de Moncelos e a Comisión de Festas organizan a terceira edición da Xuntanza en Moncelos, que terá lugar o sábado 17 de maio de 2025 no pavillón do colexio de Terraxas.

O evento arrincará ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola artista Verónica Cambón, seguida do xantar ás 14:30 horas. O menú, servido por Catering Rochela, incluirá xamón cocido, polbo, churrasco mixto, sobremesa e café.

O xantar será gratis para os menores de 6 anos, para os que teñen de 7 a 12 anos serán 17,50 euros e os adultos deberán pagar 35 euros.

Para os máis pequenos haberá colchóns inchables de balde. A festa prolongarase ata aproximadamente as 21:00 horas.

Ademais, realizarase un sorteo de agasallos mediante a venda de rifas. As entradas estarán dispoñibles ata o 13 de maio a través da Comisión de Festas. Pódense adquirir contactando con Álvaro (679 52 52 70) ou Javier (676 48 20 10). Os organizadores tamén percorrerán a parroquia para facilitar a venda dos tíckets.

⚙ Configurar cookies
0.13508009910583