Convocada a IV edición do certame literario Torre de Caldaloba

TerraChaXa
O Concello de Cospeito e a Asociación San Martiño de Pino, e Culturalia GZ convocaron a IV edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba.
iv certame poesia torre de caldaloba portada
26 Maio 2021

O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, en colaboración con  Culturalia GZ convocaron a IV edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, iniciativa deseñada co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a súa conservación e, asemade, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.

Poderán concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa finalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.

A organización deste certame estableceu dúas categorías, para menores de 18 e para maiores desta idade con dous gañadores en cada un dos grupos. O gañador maior de 18 anos recibirá 1.500 euros de premio e a publicación da obra. Por outra banda, o gañador infantil recibirá un lote de libros e unha tablet e o subcampión terá de premio un libro electrónico.

As bases contemplan para os maiores un límite de entre 300 e 600 versos e para os pequenos o límite estará nos 60 versos. Para todos os interesados en presentar propostas, o prazo estará aberto ata o 24 de setembro e xa poden participar a través de http://www.concellodecospeito.es/caldaloba-poesia/. Os requisitos para valorar as obras serán que estean en galego e escritas a ordenador e que sexan orixinais mentres que a temática é totalmente libre.

A entrega pode facerse por correo ordinario, no Concello de Cospeito sito en avenida Terra Chá n°29, Feira do Monte, 27377, Cospeito, Lugo; ou por sede electrónica.

O prazo para presentar propostas péchase o 24 de setembro e o fallo do xurado farase público o 29 de outubro. A entrega de premios está prevista para o 6 de novembro no local social de Pino.

iv certatme poesia torre de caldaloba
0.096040964126587