Convocada a IV edición do concurso Avelino Díaz

TerraChaXa
Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a cuarta edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberta a toda a poboación e co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona.
Captura de pantalla 2020 01 29 a las 12.17.54
31 Xan 2020

Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a cuarta edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberta a toda a poboación e co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona.

O concurso dividirase en catro categorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán categoría de debuxo e os demás só na de poesía.

No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e temática libre, mais os poemas deberán estar escritos en galego, cunha extensión mínima de oito versos e unha máxima de 80, con Arial 12pt.

O prazo de presentación é ata o 23 de abril e o lugar de recollida de traballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Os premios constan de diplomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o seguinte unha tablet e os adultos terán un premio económico. 300 para o gañador, 200 para o segundo e 100 para o terceiro.

O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

84226889_2949724955079122_7071889477949456384_n
0.10530209541321