Convocada a nova edición da Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades de Cospeito

TerraChaXa
O Concello de Cospeito prepara unha nova edición da Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades, que terá lugar o 29 e 30 de abril.
presentacion feira maquinaria usada cospeito
21 Abr 2023

O Concello de Cospeito volverá celebrar, coincidindo coa última fin de semana de mes, a Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades, que terá lugar os días 29 e 30 de abril e que acada a XXXII edición. A Feira foi presentada hoxe polo alcalde da localidade, Armando Castosa, e os organizadores da Feira, Jesu Novo (dereita) e Fernando Rivas.

Esta celebración é xa un referente nos sectores da maquinaria usada e nova, nunha porcentaxe do 50%, agrícola e industrial, a artesanía, os anticuarios, a floricultura e todo tipo de dispositivos que se poidan ver nunha feira. Contará con expositores de maquinaria, postos de artesanía de Galicia e León e anticuarios chegados de toda Galicia. Recupera tamén a feira a venda directa de particulares na artesanía, que terán o espazo gratuíto.

Espérase unha asistencia dun total de 120 expositores os dous días da feira, con anticuarios, artesáns e entre 20 e 25 expositores de maquinaria, ademais de diferentes postos ambulantes.

A falta de confirmación oficial nos próximos días, afeira, que será de entrada gratuíta, abrirá as súas portas o sábado 29 ás 10.00 no recinto feiral e media hora máis tarde farano o pavillón dos deportes, onde estará ubicada a exposición de anticuarios. Aínda así, a inauguración oficial coas autoridades será ás 13.00 horas, á que seguirá unha visita ao recinto feiral. Estas dúas mostras permanecerán abertas ata as 20.30 horas. O domingo repetirase o horario.

A sesión contará coa terceira edición da Exposición de Coches Clásicos, a primeira tivo lugar xusto antes da pandemia e a segunda o pasado ano.

O programa completarase o domingo, ás 13.20 horas, coa I Festa da Música, que terá lugar na praza da Feira.

En toda a fin de semana Feira do Monte encherase do espíritu da feira coa colocación de postos de gastronomía repartidos pola localidade para poder gozar os pratos tradicionais galegos.

feria maquinaria usada cospeito
0.18935990333557