Convocada a segunda edición da Carreira Popular Vila de Meira
O Concello de Meira convoca a segunda edición da Carreira Popular Vila de Meira, que terá lugar o sábado 10 de agosto na vila a partir das 19:00 horas e con chegada á praza do Concello.
Como novidade, este ano haberá unha proba específica para os máis pequenos que será ás 18:00 horas.
Os atletas que compitan nas categorías adultas, deberán ser maiores de 15 anos, e terán que percorrer un total de 7,8 quilómetros de distancia.
A organización establece catro categorías: Os senior (de 15 a 34 anos), veteranos 1 (de 35 a 44), veteranos 2 (de 45 a 54) e veranos 3 (de 55 en diante).
Haberá trofeo para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres da xeral e trofeo ou medalla para os tres primeiros de cada categoría.
Haberá avituallamento final para os atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.