Convocada a terceira edición do concurso de microrrelatos de Vilalba
O Concello de Vilalba volve convocar, dende as concellerías de Educación e Cultura e en colaboración con Culturalia GZ, unha nova edición do Certame de Micorrelatos, a terceira, con motivo da celebración do Día do Libro 2021.
Nel poderán participar todas as persoas que o desexen e haberá tres categorías, infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 ) e adultos, con distintos premios. A temática dos microrrelatos (un por persoa) será libre, mais debe conter no seu corpo narrativo a palabra LIBRO. A extensión máxima dos microrrelatos será de 100 palabras, título incluído, e sempre en galego.
A data de recepción dos textos remata o 23 de abril e debe facerse a través do enderezo electrónico comunicacion@vilalba.es. Deberán enviarse dous documentos en formato .docx e no asunto da mensaxe deberá figurar que son para o concuso e a categoría á que pertence. No primeiro documento, irá o microrrelato con título e un seudónimo e no segundo documento os datos do concursante. Os menores deberán adxuntar unha autorización parental.
Consulta as bases neste enlace.