Convocada a veciñanza de Begonte para falar de sanidade pública
TerraChaXa
O BNG convocou esta asemblea o domingo ás 11.00 horas diante do consultorio de Baamonde
31 Ago 2024
A veciñanza de Begonte e Baamonde está chamada a unha asemblea informativa por parte do BNG para falar de servizos sanitarios.
Co obxectivo de falar da "Sanidade Pública e a falta de pediatra no noso concello", está prevista unha reunión ás 11.30 horas deste domingo, 1 de setembro, diante do consultorio de Baamonde.
Está prevista a asistencia da deputada nacionalista Montse Valcárcel.