Convocada a VII edición do concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz

TerraChaXa | AMariñaXa
Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a sexta edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberta a toda a poboación.
4 Feb 2024

Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a sexta edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberta a toda a poboación e co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona.

O concurso dividirase en catro categorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán categoría de debuxo e os demais só a de poesía.

No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e temática libre, mais os poemas deberán estar escritos en galego, cunha extensión mínima de oito versos e unha máxima de 80, con Arial 12pt.

O prazo de presentación é ata o 17 de maio e o lugar de recollida de traballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Establécense tres gañadores en cada categoría. Para os máis pequenos os agasallos serán de diplomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o da seguinte categoría unha tablet e os adultos terán un premio económico. 300 para o gañador, 200 para o segundo e 100 para o terceiro.

O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño.

0.20053791999817