Convocada na Pastoriza unha cea baile o 28 de febreiro

TerraChaXa
A Comisión de Festas de Bretoña 2025 realiza as reservas ata o 24 de febreiro
_cea-baile-teleclub-de-bretona
9 Feb 2025

A Comisión de Festas de Bretoña 2025 organiza unha cea baile o vindeiro 28 de febreiro no Teleclub de Bretoña, a partir das 21:30 horas. O menú inclúe sopa de cocido, cocido completo, sobremesa, café e licores, acompañado de viño tinto Rioja Crianza, viño branco Albariño D.O., auga, cervexa e refrescos. A cea será servida polo catering Chao da Brea de Mondoñedo.

O prezo por persoa é de 30 euros, mentres que para nenos de 6 a 10 anos será de 15 euros, e os menores de 5 anos poderán asistir de balde. As reservas poden realizarse ata o 24 de febreiro.

Os tíckets están dispoñibles en Casa Luciano, Casa Zapateiro, Talleres Martínez ou a través dos teléfonos 696 705 475 (Luis) e 606 249 162 (Martín).

0.16634202003479