Convocada para o 11 de maio a Festa da Bola de Liscos e as Freces de Bretoña

TerraChaXa
O sábado anterior haberá verbena e o pregón estará a cargo de Modesta Campo Valiña
festa-bola-de-liscos-freces-bretona4
13 Apr 2025

A Asociación de Amigos da Feira de Bretoña anunciou que a XIV edición da Festa da Bola de Liscos e das Freces de Bretoña terá lugar finalmente o domingo 11 de maio, no concello da Pastoriza, continuando coa recuperación da mesma. 

Trátase dunha celebración que busca ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que organiza a Asociación de Amigos da Feira de Bretoña.

A comisión adiantou xa que o sábado 10 haberá polbo e festa verbena co grupo Los Key. Así mesmo, xa se coñece a pregoeira, que será Modesta Campo Valiña, mestra xubilada do colexio de Bretoña e agora responsable da Asociación Española contra o Cancro.

Na edición do ano pasado repartíronse unhas 200 bolas de liscos e de 800 racións de freces entre os asistentes a este evento que desbordaron as previsións.

A bola de liscos é un prato da zona elaborado con masa de pan, panceta afumada, chourizo e berzas, o que se coñece como cociña con produtos de subsistencia pero cun resultado espectacular. Este ano, para darlle aínda máis relevancia, as bolas estarán elaboradas con produtos do porco celta. Para os que non coñezan este produto, ten moito parecido cunha empanada gorda pero moi xugosa e sabrosa. Esto é debido aos liscos do seu interior e o sabor é pola cobertura de berza coa que se mete ao forno.

⚙ Configurar cookies
0.34100699424744