Convocada para o sábado unha xornada sobre transplante en mulleres

TerraChaXa
A sesión informativa terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba a partir das 11:00 horas e a entrada será totalmente libre e gratuíta
transplantes-mulleres-xornada
26 Sep 2025

A Asociación de Alcohólicos Axúdate de Vilalba organiza este sábado, 27 de setembro, a xornada As mulleres no transplante, un encontro aberto á cidadanía que contará con testemuños en primeira persoa de integrantes da Asociación Galega de Transplantes Airiños. A sesión informativa terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba a partir das 11:00 horas e a entrada será totalmente libre e gratuíta.

Esta iniciativa pretende visibilizar a realidade das mulleres que atravesaron un proceso de transplante, compartir experiencias vitais e ofrecer información de interese para todas as persoas que desexen coñecer máis de preto esta realidade. O Concello de Vilalba anima á veciñanza a participar nesta actividade de carácter social e divulgativo.

⚙ Configurar cookies
0.097453832626343