Convocada unha concentración en Abadín contra o proxecto de biogás

TerraChaXa
Baixo o lema “Porque as rúas son nosas. Loitemos como galegos”, a mobilización pretende visibilizar o malestar dunha parte da veciñanza
concentracion-biogas-abadin
17 Dec 2025

Veciños e colectivos sociais de Abadín están convidados a asistir a unha concentración este xoves, 18 de decembro, ás 12.00 horas, no parque situado xunto á casa do concello, co obxectivo de expresar o seu rexeitamento ao proxecto de biogás previsto no municipio.

Baixo o lema “Porque as rúas son nosas. Loitemos como galegos”, a mobilización, convocada polo Sindicato Labrego Galego, pretende visibilizar o malestar dunha parte da veciñanza ante unha iniciativa que consideran "prexudicial para o territorio e para a calidade de vida no rural". Desde a organización fan un chamamento á participación cidadá para amosar publicamente a oposición ao proxecto.

A concentración contará coa presenza de representantes sindicais e o colectivo Stop Biogás Abadín, que apoian a protesta e denuncian o impacto ambiental e social que este tipo de instalacións pode ter no medio rural.

Os convocantes subliñan a importancia de defender o territorio e reclaman que se escoite a voz da veciñanza nas decisións que afectan directamente ao futuro do concello.

⚙ Configurar cookies
0.076478958129883