Convocada unha masterclass de gaita nas Pontes

TerraChaXa
A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha masterclass de saxofón a cargo de Marcos Mariño.
masterclass gaita as pontes
28 Abr 2024

A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha nova masterclass, nesta ocasión de gaita a cargo de José Manuel López Josele. A sesión desenvolverase o día 4 de maio, sábado, nas instalacións da escola (rúa Monte Caxado, 8) de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas.

Hai que anotarse a través do profesor do instrumento da escola, por unha mensaxe de Messenger (www.facebook.com/banda.aspontes) ou chamando ao número de teléfono 679 956 185.

O prezo será de 20 euros para os alumnos da escola e 50 para os externos. Para a clase colectiva o prezo é de 15 euros.

0.089308023452759