Convocada unha masterclass de saxofón nas Pontes

TerraChaXa
A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha masterclass de saxofón a cargo de Marcos Mariño.
masterclass saxofon as pontes
27 Abr 2023

A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha nova masterclass, nesta ocasión de saxofón a cargo de Marcos Mariño, do CMUS Profesional de Lugo. A sesión desenvolverase o día 29 de abril, sábado, nas instalacións da escola (rúa Monte Caxado, 8). Ás 20.00 horas haberá un acto de clausura no local de ensaio.

Hai dez prazas e os prezos son de 20 euros, para o alumnado do centro organizador; 40 para estudantes externos e 10 para quen acuda de oínte. Hai que anotarse a través do profesor do instrumento da escola, por unha mensaxe de Messenger (www.facebook.com/banda.aspontes), a través de Instagram (@banda_escola_As Pontes) ou chamando ao número de teléfono 610 505 116.

0.16978907585144