Convocada unha nova edición da ruta cabalar de San Isidro

TerraChaXa
A xornada comezará ás 09:30 horas coa recepción dos participantes e un almorzo para coller forzas antes da saída da ruta
ruta-cabalar-san-isidro
13 May 2025

A parroquia vilalbesa de San Simón da Costa acollerá o vindeiro 17 de maio de 2025 unha nova edición da Ruta Cabalar San Isidro, unha actividade que se enmarca dentro das festas na honra a San Isidro Labrador. O evento está organizado pola Comisión da ruta cabalar de San Simón, coa colaboración do Concello de Vilalba.

A xornada comezará ás 09:30 horas coa recepción dos participantes e un almorzo para coller forzas antes da saída da ruta, prevista para as 10:15 horas. Durante o percorrido, farase unha parada para degustar uns pinchos e ao remate entregaranse agasallos a todas as persoas participantes.

A organización lembra que non se trata dunha competición, senón dun paseo a cabalo, polo que cada quen será responsable do seu animal. Para participar, é necesario inscribirse previamente chamando aos teléfonos facilitados no cartel, sendo o 14 de maio a data límite para anotarse.

⚙ Configurar cookies
0.16570091247559