Convocada unha nova edición do certame Poemas Pendurados de Farolas

TerraChaXa
A NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares Lareira de soños convoca a quinta edición do certame Poemas Pendurados De Farolas que como cada ano por estas datas vai dedicada a temáticas sociais.
IMG_20181207_082709
10 Dec 2018

A NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares Lareira de soños convoca a quinta edición do certame Poemas Pendurados De Farolas que como cada ano por estas datas vai dedicada a temáticas sociais. Os lumes ou a violencia machista foron protagonistas de edicións anteriores e este ano escolleuse Recortes  nas liberdades como tema dos poemas que se presenten para decorar as farolas de Guitiriz e publicar en formato dixital.

Os poemas poderán ser enviados ao correo dosvilares@gmail.com en formato word ou pdf e serán editados para adherir ás farolas de Guitiriz a comezos de 2019 como cada ano.
#PoemasPenduradosDeFarolas naceu como unha mostra de poesía de compromiso social que a comenzos de cada ano lembra temas da sociedade que deben mellorar. A poesía como instrumento tamén de compromiso e como voz contra as inxustizas. A corrupción, a prisión e o exilio por causa das ideas e da liberdade de expresión, a xustiza á carta, a manipulación dos medios de comunicación, o retroceso nas liberdades básicas serán denunciados a través dos versos nesta edición de #PoemasPenduradosDeFarolas que convertirán as luminarias de Guitiriz, de novo, nun libro colectivo de poemas a pé de rúa para a lectura de veciños deste poético concello con esta outra singular iniciativa da NPG Nova Poesía Guitirica.
0.19124507904053