Convocada unha nova edición do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa de Muimenta

TerraChaXa
Acaba de anunciarse que a XXVIII edición da Festa de Filloa celebrarase o primeiro mércores de maio, e que ademais convocouse tamén a XX edición do Concurso de Debuxo e Relato - Filloa 2.
filloa
26 Feb 2019

Acaba de anunciarse que a XXVIII edición da Festa de Filloa celebrarase o primeiro mércores de maio, e que ademais convocouse tamén a XX edición do Concurso de Debuxo e Relato - Filloa 2.018.

Nas vindeiras xornadas, serán enviadas as bases aos diferentes centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca da Terra Chá, un total de vinte e cinco, da XX edición do Concurso de Debuxo e Relato - Filloa 2.018.

Nesta edición os nenos terán que facer os seus traballos sobre A Festa da Filloa e as Zocas na que a idea principal é que os máis novos intenten vincular estas dúas tradicións galegas, a Filloa e as Zocas, para lograr que sigan vivas na sociedade. Aínda que as bases especifican as Zocas, como dedicatoria ao Museo da Zoca que Xotramu inaugurará no Pórtico da Igrexa Vella de Muimenta en vindeiras datas, pode relacionar con calqueira outro oficio da cultura galega.

Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardonados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.

Espérase contar, como ven sendo habitual dende o ano 2.010 cunha colaboración por parte da Universidade de Santiago de Compostela, que será entregado a un dos dezaseis premiados, premios nos que tamén se espera contar coa colaboración do Concello de Cospeito, da Deputación, e as entidades Abanca, Caixa Bank e Sabadell Gallego entre outras.

Igualmente, o vindeiro 26 de abril, a comisión está a organizar unha viaxe ao programa Luar para a promoción da XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta. Quen desexe ir de público debe apuntarse na tenda Desexos de Muimenta.

Lembran que dende que se comezou a organizar a Festa da Filloa, colaboraron desisteresadamente os veciños de Muimenta e dos pobos limítrofes, alcanzando case os douscentos colaboradores, que durante toda a xornada realizan filloas, churrasco, queimada, café e atenden á xente que se acerca ese día a xantar ata a Vila

A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo (área de Turismo), a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e numerosas empresas e particulares.

0.13921999931335