Convocada unha nova edición do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa de Muimenta

Vén de convocarse a nova edición do Concurso de Debuxo e Relato-Filloa 2025, no que están invitados a participar os diferentes centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca da Terra Chá, sobre vinte e cinco.
Nesta edición, á XXV do concurso, os nenos terán que facer os seus traballos sobre A Filloa. Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardoados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.
Manteranse este ano as cinco categorías con dous premios en cada una, divididos en ata 6 anos, de 7 a 8; de 9 a 10, de 11 a 12 e de 13 a 18 anos.
O prazo de entrega de traballos remata o 23 de abril e estes deben mandarse á asociación convocante.
Como vén sendo habitual para os premios contarase coa colaboración por parte da Universidade de Santiago de Compostela.
Dende que comenzara a organizar a Festa da Filloa, colaboraron desinteresadamente, xa non só os veciños de Muimenta, senón tamén os dos pobos limítrofes, alcanzando case os douscentos colaboradores, que durante toda a xornada realizan filloas, churrasco, queimada, café e atenden á xente que se acerca ese día a xantar ata a vila.
A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo (área de Turismo), a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e numerosas empresas e particulares.